Desde 2009, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) coordina no marco do EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia a recompilación e sistematización de fontes e datos que contribúan a un mellor coñecemento da mobilidade dos traballadores na Eurorrexión.

A información contida neste portal inclúe os indicadores máis relevantes da mobilidade transfronteiriza e articúlase o redor de tres bloques de información:

Mediante o uso de gráficas anuais, históricas e comparativas entre indicadores, este portal web permite coñecer mellor a evolución dos distintos indicadores agrupados nos tres bloques de información anteriormente citados, así como realizar buscas de indicadores en función da súa orixe xeográfica ou da entidade que proporciona os datos.

O ámbito territorial dos informes do portal cínguese a Galicia e á rexión Norte de Portugal. Ambas as dúas rexións están consideradas unidades territoriais NUTS 2, conforme ao Regulamento (CE) núm. 1059/2003, do 26 de maio de 2003, polo que se establece unha nomenclatura común de unidades territoriais estatísticas (NUTS).

No caso de Galicia desagréganse os datos por provincias, na medida do posible; e no caso da rexión Norte de Portugal por distritos. Cómpre advertir que a información agregada desta última zona non sempre se corresponde cos datos de todo o seu territorio, senón cos datos dispoñibles.